Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello solicita unha subvención para a...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

O Concello solicita unha subvención para a contratación de 12 traballadores para o Grumir

Martes 20 de xaneiro do 2009

Así mesmo, e neste caso ao abeiro dunha orde da Consellería de Presidencia, o Concello tamén solicita axudas para a contratación de auxiliares de policía local durante a tempada de verán. Trataríase de catro empregados por un importe total de 20.277 euros. No apartado de convenios, a xunta de goberno aprobou dous novos acordos. Un deles refírese a unha colaboración coa Cámara de Comercio para manter o servizo da Antena Local que desenvolve servizos de proximidade para a pequena e mediana empresa e que realiza o seu labor no viveiro de empresas de Bértoa.

No segundo caso, recibiu luz verde un acordo coa Consellería de Medio Rural para a prevención e defensa contra os incendios forestais. O Concello comprométese a elaborar un plan municipal para loitar contra o lume e tamén a achegar unha relación de traballos prioritarios á Dirección Xeral de Montes para poder desenvolver tarefas de prevención. Tamén se abordou a prórroga do convenio coa Fundación ECCA para impartir clases de preparación para adultos que queiran obter o título de Secundaria.

Por último, no apartado de contratos, aprobouse o relativo ao 'Subministro e instalación de 180 anclaxes de contedores de lixo con ampliación da zona rural de Carballo'. Esta actuación ten como obxecto dotar aos colectores duns soportes que permitan manter a súa localización de xeito permanente e que faciliten o servizo de recollida de residuos por parte dos camións.

Compartir: