Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobado o contrato para emprender o cerramento...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Aprobado o contrato para emprender o cerramento de tres das naves da Casa dos Oficios

Luns 19 de xaneiro do 2009

O prazo total previsto para a execución dos traballos é de oito meses e a adxudicación realizarase a través dun procedemento aberto cun ou varios criterios de valoración. Na Xunta de Goberno tamén recibiron o visto bo dúas adxudicacións provisionais de obras. En primeiro lugar, os traballos para a 'Instalación de céspede artificial, rede de rego, saneamento, pluviais e equipamento en campo de fútbol' a Obras y Pavimentos Especiales SA por un importe de 299.277 euros, que rebaixa en 100.000 euros o orzamento máximo previsto. O prazo de execución da obra, que mellorará o anexo das Eiroas, é de dous meses e medio.

En segundo lugar, adxudicouse o contrato de 'Subministro de pavimento de caucho en zonas de xogos infantís' do Concello. Será a empresa Galopín Parques SL, con domicilio social en Cerceda, a empresa encargada de acometer este labor, que se adxudica por 21.973 euros cun descenso de preto de 2.000 euros sobre o orzamento previsto. A entrega do subministro realizarase no prazo de doce días dende a adxudicación definitiva do contrato.

Compartir: