Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello sinaliza a recollida selectiva e de...

MEDIO AMBIENTE

O Concello sinaliza a recollida selectiva e de lixo nos colectores do casco urbano e do rural

Luns 19 de xaneiro do 2009

En canto á distribución das pegatinas, no caso do casco urbano e de Oza trátase de modelos de pequeno formato que se poñerán nos lugares onde existe a recollida selectiva. No caso do medio rural -onde non haxa recollida selectiva- está previsto implantar outros modelos de maior tamaño. Nestas sinalizacións aparece información como as normas para a recollida de cartón pregado a pé de porta, que é tódolos luns, mércores e venres ás 20.00 horas; ou o horario para o depósito da materia orgánica, de 19.00 a 22.00 horas, excepto os domingos, en que non hai servizo.

Os adhesivos inclúen, así mesmo, as normas de funcionamento do Punto Limpo, aberto martes, xoves e sábados de 10.00 a 13.00 horas; e do Punto Limpo Móbil, que está operativo o primeiro martes de cada mes, previo aviso ao 981 701 642. Esta campaña está desenvolvida dentro do programa Carballo Limpo é supón un paso máis para que os habitantes do municipio poidan contribuír á defensa do medio, separando o lixo no seu domicilio.

Compartir: