Inicio Carballo ao día Hemeroteca Remata en Carballo a última etapa do ciclo...

EDUCACIÓN

Remata en Carballo a última etapa do ciclo de charlas para nais e pais do programa 'Aprender para educar'

Xoves 15 de xaneiro do 2009

Carme Loureiro afirma que "a maioría dos nosos rapaces están acostumados a obter aquilo que desexan, XA, sen esperar. É máis, incluso a obtelo sen desexalo nen pedilo. Raramente os educamos na demora da gratificación, e así nos vai". Poren, Loureiro tamén cre que as nais e pais deben aprender a educar aos rapaces e rapazas "cunha linguaxe que poidan entender; e poñer en valor a utilidade presente e futura dos coñecementos, procedementos e actitudes nos que andamos embarcados". De todo isto, "un problema complexo para o que non hai solucións simples" falará na súa intervención.

Con esta actividade rematan as charlas previstas nesta nova etapa do programa, que principiou a comezos de 2008 e retomou a súa actividade o pasado 12 de decembro con tres novas conferencias que agora tocan á súa fin. Neste último ciclo, 'Aprender para educar' abordou temas como 'Xente nova e seguridade vial', ou 'Mocidade alcol e condución'.

Compartir: