Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os Reis Magos chegan a Carballo para percorrer a...

CABALGATA ENTRE AS 17.00 E AS 20.00 HORAS

Os Reis Magos chegan a Carballo para percorrer a vila montados nas súas carrozas

Luns 5 de xaneiro do 2009

Os Reis chegarán en coches ao Centro Comercial escoltados pola Policía e Protección Civil e estarán unha media hora no aparcadoiro do Haley antes de subir ás carrozas. O percorrido é o seguinte: Centro Comercial Bergantiños, rúa Ponte da Pedra, rúa Fábrica, rúa Poniente, rúa Calvo, rúa Barcelona, rúa Fomento, rúa Río Miño, Praza da Milagrosa, rúa Compostela, rúa Verdillo, rúa do Sol, rúa Gran Vía, rúa Vázquez de Parga, rúa Camiño Novo, Praza de Galicia, rúa Coruña e Praza do Concello.

Durante a espera dos Reis Magos na Praza do Concello, os nenos e nenas que o desexen poderán desfrutar de animación de rúa a partir das 17.30 horas, con actividades de globoflexia, xogos de animación e maquillaxe. Sobre as 20.00 horas está prevista a chegada dos Reis, e o Alcalde, Evencio Ferrero, en nome de tódolos veciños e veciñas de Carballo recibirá e saudará as súas Maxestades. A continuación os nenos e nenas poderán entregarlle aos Reis as cartas en man e faranlle as peticións que desexen. Ademais, Melchor, Gaspar e Baltasar visitarán as parroquias. O día 5 acoden a Berdillo, Baldaio, Sísamo, Oza, Entrecruces e Bértoa, mentres que o día de Reis estarán en Sofán, Razo Artes e Cances. Estas cabalgatas están organizadas polas asociacións de cada parroquia e seguirán os itinerarios de anos anteriores.

Compartir: