Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello, a Dirección Xeral de Comercio...

PROMOCIÓN ECONÓMICA

O Concello, a Dirección Xeral de Comercio e o CCA únense para favorecer as vendas do comercio tradicional

Venres 2 de xaneiro do 2009

Para Rúa, "xusto agora, en momentos de dificultade económica" é cando hai que "facer un esforzo". Os horarios das actividades da carpa do 'Comercio Galego Vivo' son de 12.30 a 14.00 horas pola mañá, e de 17.00 a 21.30 horas pola tarde o venres e o sábado. Durante todo este tempo, ademais das actividades lúdicas, estará dispoñible un servizo de canguraxe gratuíto para que as nais e pais que o desexen deixen aos seus cativos e cativas nunha Ludoteca mentres fan as súas compras.

O Alcalde, Evencio Ferrero, quixo subliñar que "Carballo tamén se escribe con 'C' de comercio", e desexou que o ano novo permita "superar as dificultades" e "impulsar o comercio". De feito, para completar o labor de promoción do 'Comercio Galego Vivo', o domingo 4 pola tarde o Concello e o Centro Comercial Aberto (CCA) organizan un festival infantil. A Praza recibirá aos Reis Magos e acollerá múltiples actividades de animación como karaoke, obradoiros de maquillaxe, de elaboración de marcapáxinas ou espectáculos de monicreques.

Compartir: