Inicio Carballo ao día Hemeroteca A campaña 'Comercio Galego Vivo'...

PROMOCIÓN ECONÓMICA

A campaña 'Comercio Galego Vivo' enche o centro carballés de actividades para incentivar a compra no pequeno comercio

Martes 30 de decembro do 2008

Os horarios das actividades do 'Comercio Galego Vivo'-que tamén contarán cunha carpa- son de 12.30 a 14.00 horas pola mañá, e de 17.00 a 21.30 horas pola tarde o venres 2 e o sábado 3 de xaneiro. Para completar estas actividades, o domingo 4 a Praza do Concello tamén será a encargada de recibir aos Reis Magos e de acoller múltiples actividades de animación. Así, ademais de participar nun karaoke, os nenos e nenas poderán realizar obradoiros de maquillaxe, de elaboración de marcapáxinas e asistir a espectáculos de monicreques.

O obxectivo destas actividades -todas elas de balde- é que os veciños e veciñas da Costa da Morte se acheguen ata Carballo para realizar as súas compras de Reis. Así, os establecementos do centro urbano estarán abertos o venres, o sábado e o domingo. Hai que subliñar así mesmo, que a campaña do 'Comercio Galego Vivo' está percorrendo nove vilas galegas entre o 19 de decembro e o 11 de xaneiro.

Compartir: