Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo acolle un partido amigable de...

DEPORTE

Carballo acolle un partido amigable de balonmán entre as seleccións absolutas de Galiza e Arxentina

Martes 30 de decembro do 2008

O partido será o segundo na historia da selección autonómica, que debutou no ano 2006 ante Túnez. Nestes momentos xa se coñece a convocatoria para o domingo, con 16 xogadores chegados de equipos de toda España. Entre eles, destaca a presenza do lateral do Calvo Xiria, David López Veleiro, como representante do club local. No que respecta a Arxentina, trátase dun grupo de xogadores de grande nivel, sendo subcampións de América.

O presidente da Asociación Xiria, Luciano Calvo, manifestou a súa vontade de manter futuras colaboracións coa Federación, e a delegada provincial de Cultura, Milagres Lantes, subliñou a importancia do traballo do deporte de base nas escolas do Xiria. O Alcalde, Evencio Ferrero, fixo un chamamento para que o público carballés encha o pavillón nunha cita deportiva de grande nivel. O partido é o domingo 4 ás 18.00 horas, aínda que a selección galega chega a Carballo ás 11.00 horas, para realizar un adestramento no pavillón Carballo Calero e despois ser recibida na casa do concello. O amigable repítese o 6 de xaneiro cos mesmos protagonistas, aínda que en Ourense.

Compartir: