Inicio Carballo ao día Hemeroteca O piloto Fran Gómez Pallas retoma a...

DEPORTE

O piloto Fran Gómez Pallas retoma a aventura do rally Dakar coa axuda do Concello carballés

Venres 26 de decembro do 2008

Fran Gómez asegura que esta é unha das edicións máis difíciles ás que se ten enfrontado, sobre todo polos obstáculos orográficos do percorrido, con etapas polos Andes, a 4.700 metros de altitude, e tamén polo deserto de Atacama, en Chile, o máis seco do mundo. O seu obxectivo é rematar a aventura enriba da moto que xa o ten acompañado noutros Dakar e poder finalizar as catorce etapas do rally, esperando tamén igualar actuacións do pasado, como o seu posto número 19 nunha etapa ou poder chegar á meta entre os 50 primeiros.

O Alcalde manifestou os seus mellores desexos para o piloto, e tamén para que Fran Gómez siga levando o nome de Carballo e a Costa da Morte a lugares tan lonxanos e nun rally de participación mundial, "sendo un referente para moita xente en toda Galicia". Evencio Ferrero tamén desexou que o piloto poida volver san e salvo da súa aventura, para a que marcha o domingo 28 de decembro.

Compartir: