Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello pon en marcha unha campaña de...

PRESENTACIÓN DO CALENDARIO DE 2009

O Concello pon en marcha unha campaña de promoción turística baixo o lema 'Vive Carballo'

Martes 23 de decembro do 2008

A primeira das actuacións enmarcadas dentro de 'Vive Carballo' é a posta á venda do calendario para o ano 2009. Este almanaque nace cunha vocación moi visual e coa idea de "poñer en valor todo o espazo patrimonial do territorio carballés", en verbas do Alcalde, Evencio Ferrero. Así, recolle imaxes de lugares emblemáticos como Razo, Baldaio, a Férveda de Entrecruces, a estatua de Alfredo Brañas ou o carballo de Vilardefrancos. O calendario recolle catro imaxes por mes, ademais dunha guía con información útil, o santoral e os ciclos lunares.

O calendario estará á venda polo prezo dun euro a partir do 26 de decembro no Museo de Bergantiños, e xa ten sido presentado á comunidade de hostaleiros de Carballo para incentivar a súa compra e promoción. Tamén hai solicitudes para mercalo dende fóra da vila, de lugares como Barcelona. Ademais, todos os productos de 'Vive Carballo' e as actuacións postas en marcha poderán verse no futuro na web <euamocarballo.com> e con este mesmo lema haberá un logo promocional da localidade que aparecerá nas actividades enmarcadas dentro da campaña.

Compartir: