Inicio Carballo ao día Hemeroteca Comezan os traballos para a dotación dos...

DEPORTE

Comezan os traballos para a dotación dos vestiarios e do peche do campo anexo das Eiroas

Xoves 11 de decembro do 2008

Con estas obras preténdese dotar ao campo anexo de todos os servizos necesarios para o desenvolvemento da actividade deportiva, como é a instalación de vestiarios, un novo peche e un muro de contención. En breve, e unha vez rematada esta primeira actuación, tamén se ten previsto, dentro da segunda fase do programa de creación de campos de fútbol de herba artificial da Deputación provincial, a dotación dun novo manto de céspede e a colocación de novas redes de rego e pluviais, así como de canalizacións de saneamento.

Con estas dúas actuacións, a inversión total para esta instalación será de preto de 600.000 euros. O Goberno local espera que estas melloras no complexo deportivo das Eiroas, con dous campos perfectamente equipados, convirtan a instalación nunha referencia para a práctica do fútbol.

Compartir: