Inicio Carballo ao día Hemeroteca Luz verde para a contratación do...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Luz verde para a contratación do subministro de pavimento de caucho para varios parques infantís

Mércores 10 de decembro do 2008

O Goberno local tamén aprobou a terceira certificación das obras de urbanización do polígono 26 do casco urbano carballés e que se corresponden co entorno da rúa Perú e Rego da Balsa. Neste caso, o importe é de 91.256 euros sobre un total de 741.999 do conxunto da actuación. Neste mesmo apartado, tamén houbo luz verde para a segunda e última certificación, por 4.686 euros, da 'Rede de saneamento en Cernide', actuación cun importe global de 30.740 euros.

Así mesmo, xa están designados os prezos públicos para as actuacións do Nadal Pequespectacular, incluídas dentro do programa do Nadal Cultural que está a piques de comezar e destinadas especialmente aos máis cativos e cativas. Actuarán compañías como Galitoon ou Artello Teatro -entre outras- por un prezo xenérico de 2,5 euros, aínda que pode haber modificacións á alza ou á baixa dependendo das funcións ou dos descontos.

Por último, concedéronse licenzas de obra para a construción de 57 vivendas na capital municipal e recibiron o visto bo os proxectos de execución de tres vivendas unifamiliares. Así mesmo, deuse luz verde á concesión de seis novos vaos permanentes dentro da campaña municipal para a súa regularización. Neste caso situaranse nas rúas San Antonio, Mahón, Cemiterio Vello, Colombia, Río Anllóns e San Pedro.

Compartir: