Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os fortes ventos provocan a caída de...

PROTECCIÓN CIVIL

Os fortes ventos provocan a caída de varias árbores en diversos puntos do municipio

Martes 9 de decembro do 2008

A primeira destas operacións tivo lugar en Entrecruces, onde o Grupo Municipal de Intervención Rápida (Grumir), tivo que empregar unha grúa para retirar un castaño que ameazaba ao tendido eléctrico e que xa levaba un tempo semi caído preto da escola. A última hora da mañá os servizos de Protección Civil aínda seguían cos labores de limpeza da vía trala retirada da árbore para previr calquera incidente.

Tamén caeu un pino de grande tamaño en Centeás que requeriu a intervención de Protección Civil, así coma outro de menor envergadura na Chamusqueira, nos dous casos da parroquia de Lema. Por último, o Grumir tivo que retirar unha pola de pequeno tamaño que estaba tendida no Outeiro. A Axencia Estatal de Meteoroloxía espera que o fenómeno adverso remate ás 15.00 horas, co que se poderá voltar ao nivel amarelo de alerta. Ata ese momento, o Concello de Carballo recomenda precaución aos veciños e veciñas.

Compartir: