Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobado o convenio que permitirá a...

DESEÑO DO FORUM CARBALLO

Aprobado o convenio que permitirá a creación dunha Galescola no entorno da estrada de Razo

Martes 9 de decembro do 2008

O Consorcio xa conta cos terreos necesarios para crear a Galescola, cedidos á Xunta no pleno ordinario do pasado mes de xuño e que contan cunha superficie total de 2.584 metros cadrados. Foron obtidos trala cesión regulamentaria realizada pola empresa construtora Riotorto, que está desenvolvendo a urbanización do polígono 19. A futura escola infantil contará con oito módulos, polo que terá capacidade para acoller arredor de cen nenos.

Por outra banda, a Xunta de Goberno tamén serviu para adxudicar provisionalmente o contrato de servizos para o 'Deseño do centro de dinamización socioeconómico sostible de Carballo para o proxecto Forum Carballo, cofinanciado conforme o Fondo Europeo de Desarrollo Regional (Feder)'. Esta actuación permitirá rematar a Casa dos Oficios do barrio da Milagrosa (a súa maqueta pode verse na imaxe). A empresa seleccionada é Valora Consultores de Gestión SL e o prezo de adxudicación é de 41.400 euros, rebaixándose en algo máis de 400 euros o orzamento de contrata. O prazo de execución previsto é de 45 días.

Hai que lembrar que o proxecto Forum Carballo supón unha inversión total de 4.658.185 euros -cantidade que se dividirá en catro anualidades entre 2008 e 2011- para a que os fondos europeos Feder aportarán o 70 por cento (3.260.729 euros) e o Concello de Carballo o 30 por cento (1.397.455 euros). A actuación servirá para dinamizar e modernizar o barrio da Milagrosa.

Compartir: