Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Telecentro de Carballo xa conta con máis...

PECHE DAS I XORNADAS CARBALLO PORTAABERTA

O Telecentro de Carballo xa conta con máis de 400 usuarios rexistrados e 280 persoas teñen participado nos seus obradoiros

Venres 5 de decembro do 2008

Durante a súa intervención, Veiguela quixo resaltar que o Telecentro ten acollido un total de 34 obradoiros, cunha ampla participación de mulleres -que chega ata o 72 por cento- durante todo este tempo, subliñando a importancia de que as novas tecnoloxías cheguen a todos e todas. Para Veiguela, a importancia das autopistas da información non reside só en que existan, senón tamén en facer "que os cidadáns desfruten das súas posibilidades, que as coñezan e aprendan a manexalas".

Os retos de futuro dende a Consellería de Innovación son seguir avanzando na creación de centros de dinamización, cubrir a grande deficiencia que existe na banda ampla na zona rural e seguir achegando Internet aos cidadáns. Ao remate do acto de clausura, ao que asistiu o Alcalde, Evencio Ferrero, e o Concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel García Guillín, entregáronse os premios das I Olimpíadas Tecnolóxicas, nas que resultou gañador o equipo 'Alecrín Dourado', aínda que todos os participantes recibiron un agasallo conmemorativo. A organización realiza un balance positivo das I Xornadas PortaAberta, e hai vontade de que se poidan seguir celebrando no futuro.

Compartir: