Inicio Carballo ao día Hemeroteca Elixidos os debuxos gañadores do Concurso...

CULTURA

Elixidos os debuxos gañadores do Concurso de Cartel e Postal de Nadal 2008

Mércores 3 de decembro do 2008

Cada ano, nenos e nenas carballeses de distintos colexios axudan no proceso de selección, sendo nesta ocasión os elixidos Estéfano García Taibo e Adela Couto Gerpe, de 6º de Primaria do CEIP Bergantiños; e Uxía Rojo Barreras e Alejandro Varela Costa, de 5º de Primaria do CEIP Xesús San Luis Romero. En representación das asociacións, acudiu José Martínez Romay, do Coro Aires de Bergantiños.

Os arredor de 1.200 debuxos presentados -realizados por nenos e nenas carballeses de Educación Infantil e Primaria- proceden na súa maioría de once centros educativos do municipio, aínda que tamén se presentaron dunha asociación, unha ANPA e 7 particulares. Hai que lembrar que os premios para os gañadores son de 210 euros, 100 euros e 60 euros en libros e xoguetes para os tres primeiros clasificados. Ademais, o colexio ou entidade do traballo gañador do primeiro premio recibirá 150 euros en material didáctico.

Compartir: