Inicio Carballo ao día Hemeroteca Entran en funcionamento os semáforos...

TRÁFICO

Entran en funcionamento os semáforos situados na travesía de Bértoa da capital municipal

Mércores 3 de decembro do 2008

Os traballos para a urbanización e instalación de semáforos na travesía de Bértoa -realizados pola empresa Ramón Vázquez- contaron cun orzamento aproximado de 30.000 euros. O proxecto -que afectou ao tramo da avenida situado arredor da igrexa parroquial- permitiu a dotación de servizos para a vía, coa instalación das canalizacións correspondentes e a creación de beirarrúas a ámbolos dous lados da estrada, así como a colocación das bases e as conexións eléctricas para os semáforos.

Hai que lembrar que esta obra entronca co proxecto do Goberno local de urbanizar toda a avenida de Bértoa, dende a rotonda de acceso ao polígono industrial ata a entrada ao casco urbano, non só co obxectivo de mellorar a seguridade viaria, senón tamén co de humanizar este entorno, onde habitualmente existe unha elevada densidade de circulación -tanto de vehículos como de peóns- e convertelo nun lugar máis seguro e agradable para os veciños e veciñas.

Compartir: