Inicio Carballo ao día Hemeroteca As I Xornadas Carballo PortaAberta apostan por...

INAUGURACIÓN

As I Xornadas Carballo PortaAberta apostan por "abrir unha fiestra ao mundo" a través das novas tecnoloxías

Mércores 3 de decembro do 2008

José Luis Barcia gabou as instalacións do Telecentro, situado no segundo andar do Pazo da Cultura, e subliñou que as administracións públicas "non poden estar alleas" ao desenvolvemento das novas ferramentas de comunicación, xa que "permiten mellorar o servizo e facer unha xestión moito máis produtiva". Por último, Barcia Picos desexou que iniciativas como estas xornadas contribúan a que os veciños e veciñas empreguen ferramentas como o Telecentro cada vez máis a miúdo.

Pola súa banda, o Alcalde carballés, Evencio Ferrero -que tamén estivo na inauguración, xunto co Concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel García Guillín- expresou o seu desexo de que o Concello estea "á altura dunha administración moderna, con técnicas avanzadas". O rexedor manifestou que Carballo ten sido un referente como pioneiro no emprego das novas tecnoloxías, coa implantación da administración electrónica, e desexa que as xornadas e o Telecentro sexan "unha oportunidade dos veciños e veciñas para achegarse e estar ao día das últimas innovacións".

Compartir: