Inicio Carballo ao día Hemeroteca Grande afluencia no Feirón de Outono, no...

30 DE NOVEMBRO

Grande afluencia no Feirón de Outono, no que preto de 250 persoas comprobaron a súa condición física con 'Pasea a túa saúde'

Luns 1 de decembro do 2008

No caso de 'Merca-do bo', tamén tivo éxito o I Concurso de Produtos do Agro, que busca promocionar, dar a coñecer e poñer en valor os produtos de tempada, así como apostar polo seu consumo e pola súa produción e elaboración tradicional. Os interesados e interesadas podían participar en tres categorías: a de produtos elaborados; produtos hortifrutículas; ou produtos especiais por algunha das súas características.

Os premios consistiron na adquisición por parte do Concello das cestas de produtos por valor de 100 euros, con contidos tan variados coma patacas, repolo, pementos, cebolas, froita, pan de Carballo, un enorme pan de ovo, tortas, etc., que hoxe luns estanse a repartir entre o comedor de 'Xantar para os maiores', o comedor de Aspaber e o comedor do centro de menores das monxas.

A organización realiza un balance moi positivo do Feirón de Outono, no que tamén houbo animación de rúa e todo tipo de atraccións para que os carballeses e carballesas, así como a xente chegada de toda a comarca, puidese desfrutar no último dos catro feiróns que teñen lugar ao longo de todo o ano, e o segundo, despois do Feirón de Verán, do programa posto en marcha pola Concellaría de Promoción Económica para favorecer o mercado tradicional.

Compartir: