Inicio Carballo ao día Hemeroteca Yllana volta a Carballo por sétima vez cun...

DOROTEA BÁRCENA RECOLLE O VENRES 31 O XOGRAR DE OUTONO

Yllana volta a Carballo por sétima vez cun espectáculo de 'Brokers' centrado no salvaxe mundo das finanzas

Mércores 29 de outubro do 2008

Yllana deslízase no universo do luxo e do diñeiro provocando ridículas e desternillantes situacións que farán tremer os cimentos da sociedade capitalista. Esta compañía de novo fará gala da súa maxistralidade no teatro do humor xestual. Humor cómico, sen palabras, interactivo e que busca as gargalladas do público. Un humor universal que soubo chegar a multitude de escenarios de todo o mundo, sumando máis dun millón de espectadores nos seus dezasete anos de traxectoria.

Por outra banda, o 31 de outubro, antes da función do Centro Dramático Galego 'A boa persoa de Sezuán', terá lugar a entrega do Xograr de Outono de 2008 á actriz, directora e dramaturga Dorotea Bárcena, que estará arropupada pola organización do festival e polos anteriores xograres. Tamén nese mesmo acto farase entrega do Premio do Público 2007 ao Centro Dramático Galego polo espectáculo 'Noite de Reis"', que foi premiado pola audiencia con unha media de 4,65 (sobre 5).

Compartir: