Inicio Carballo ao día Hemeroteca Máis de 120 veciñas participaron no...

CARBALLO SAUDABLE

Máis de 120 veciñas participaron no Curso de hábitos saudables incluído nas Xornadas de Saúde para Mulleres

Mércores 29 de outubro do 2008

Entre as temáticas que contaron con maior implicación por parte das asistentes, destaca o obradoiro 'Somos o que comemos e o que compramos' e o de saúde sexual 'Desfruta da túa vida e do teu corpo'. No primeiro caso, as veciñas puideron contactar directamente cun nutricionista para poder elaborar os seus propios pratos e menús; no segundo caso, puideron facer un repaso pola historia da sexualidade e do erotismo, ademais de recibir consellos e leccións prácticas. No caso da saúde no fogar, as mulleres puideron vixiar e corrixir posturas para axudar a coidar o corpo nas tarefas cotiás; e por último, o obradoiro sobre saúde mental contou con moita aceptación entre as persoas maiores.

Lourdes Rey resalta que as veciñas quedaron moi satisfeitas e que as participantes esperan que a iniciativa poida ter continuidade no futuro. Hai que lembrar que as Xornadas de Saúde para Mulleres están incluídas no programa Carballo Saudable que cofinancian o Concello carballés e a Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta de Galicia. Nestes momentos, dentro das xornadas, tamén se están desenvolvendo un Curso de Hixiene Postural e outro de Educación Maternal, así mesmo cunha grande participación.

Compartir: