Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobado o proxecto para a dotación dun...

SESIÓN PLENARIA

Aprobado o proxecto para a dotación dun sistema de abastecemento de augas para o val de Baldaio

Martes 28 de outubro do 2008

No apartado de saneamentos e abastecemento de augas, tamén se aprobou co acordo dos concelleiros de todos os grupos unha modificación do anteproxecto para a implantación de colectores xerais para a depuradora (EDAR) de Ardaña, que dará servizo aos municipios de Carballo e Coristanco. Mediante este cambio delimítanse con claridade as competencias de cada Concello á hora de xestionar esta infraestrutura.

No apartado de mocións, saiu adiante unha redactada co acordo de todos os grupos políticos na que se propoñen enmendas ao Plan Director de Estradas de Galicia. Así, o Concello de Carballo propón a creación de vías de alta prestación para comunicar a capital municipal con Santiago de Compostela e coa cidade da Coruña. Deste xeito, ademais dunha comunicación directa coa capital de Galicia, os concelleiros demandan unha nova estrada, a parte da AG-55 e a AC-552 para enlazar coa capital provincial.

Por último, a sesión plenaria serviu para que, tamén por unanimidade, se dera o visto bo ao proceso de deslinde con Coristanco; á regulación do inventario patrimonial de bens do Concello e aos criterios de amortización dos bens municipais; á regulación do servizo de axuda no fogar para persoas dependentes; e á modificación da Ordenanza de Feiras e Mercados, que agora pasará por un período de exposición pública para que os interesados poidan presentar alegacións.

Compartir: