Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello continúa cos trámites...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

O Concello continúa cos trámites para desenvolver as actuacións do Proxecto Fórum Carballo

Luns 27 de outubro do 2008

Segundo este contrato de servizos, está prevista a realización de esta actuación por un importe de 41.800 euros, o que permitirá seguir avanzando neste proxecto que pretende mudar a faciana do barrio da Milagrosa. Tamén recibiu o visto bo o expediente de contratación para a 'Adquisición dun vehículo unidade de intervención en emerxencias e salvamento para o servizo municipal de Protección Civil do Concello de Carballo', cun orzamento de 40.000 euros.

Por outra banda, a Xunta de Goberno adxudicou de xeito provisional a Construcciones Generoso Angeriz SL o contrato de obra 'Execución de acabados de edificio municipal de usos múltiples'. Esta actuación refírese á construción situada a carón do actual Viveiro de Empresas que servirá para dar servizo aos usuarios do parque empresarial de Bértoa. O prezo de adxudicación foi de 126.863 euros e o prazo de execución de tres meses e medio. O proxecto inclúe os cerramentos e divisións, carpintería exterior e interior, solados, instalacións, aparatos sanitarios, revestimentos e acabados varios, así como mecanismos de seguridade e saúde.

Por último, esta sesión ordinaria serviu para aprobar varias certificacións de obra, como a de finalización das obras de prolongación da rúa Carballo Calero ou da de 'Afirmado de camiños de Arnados a Razo da Costa'. Tamén se aprobou a certificación única e final da obra 'Alumeado público nas inmediacións do campo de fútbol de Cances' ou a da 'Rede de saneamento en Berdillo e Sofán'.

Compartir: