Inicio Carballo ao día Hemeroteca A emoción, a vista atrás e o humor...

OUTONO DE TEATRO

A emoción, a vista atrás e o humor presidiron a homenaxe '20 anos de Ártabro Teatro'

Luns 27 de outubro do 2008

Tamén interviron para lembrar as anécdotas de hai 20 anos o entón presidente da Asociación Cultural Lumieira, Pepe Salvadores, ou Pedro González, o 'alcalde' daquela obra que falou en representación do elenco de actores. Todos lembraron os cheos nas representacións en lugares xa inexistentes, como o Cine Cervantes ou o Cine Rega, e tamén ao longo e ancho de Galicia. E os tres falaron tamén dunha época na que "para facer cousas non se necesitaban cartos, senón xente que quixera facelo", en palabras de Salvadores. Ártabro Teatro posou de novo unido para a historia e os seus compoñentes recibiron un agasallo para lembrarlles aínda máis, que eles marcaron o inicio do FIOT.

Como anécdota, apuntar que entre os teatreiros de entón está xente como o concelleiro carballés, deputado do PP e presidente da Asociación Cultural Telón e Aparte, Alberto Sueiro, ou a actual delegada provincial de Cultura, Milagres Lantes. Como peche, a actuación de Riki López, un artista mallorquín chegado dende Madrid con incontinencia verbal e musical que entretivo ao público con 'El hombre más feliz del mundo', un enxeñoso espectáculo que alterna monólogos con música e que despertou as gargalladas entre o público asistente.

Compartir: