Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello e a 'Asociación amigos de...

'AGARIMOS PARA TODA A VIDA'

O Concello e a 'Asociación amigos de los perros' emprenden unha campaña de sensibilización para a protección dos animais de compañía

Venres 24 de outubro do 2008

Durante a presentación da iniciativa, o Tenente de Alcalde, José Antonio Viña, subliñou a necesidade de que nas grandes vilas se preste atención á convivencia entre animais e persoas e se eviten os casos de abandono de mascotas. O Alcalde, Evencio Ferrero, resaltou así mesmo que "cando un adquire un compromiso con un animal é para coidalo e mantelo". Pola súa banda, a presidenta da entidade, Araceli Vila, pediu a colaboración dos veciños e veciñas, vén a través da adopción dalgúns dos cans que teñen nas súas instalacións en Bértoa -nas que nestes momentos hai ata cen animais abandonados e están ao límite da súa capacidade-; ou ben a través dun labor de voluntariado, xa que carecen de axuda para coidar os cans durante as fins de semana.

A campaña basease na imaxe do can de palleiro Martiño, que estará presente en trípticos, chapas, stands e carteis que se irán distribuíndo os días de feira, nos centros de ensino e tamén nos establecementos de venda e coidado de animais. Baixo o lema 'Agarimos para toda a vida', o obxectivo é chegar ao maior número de veciños e veciñas do municipio. Os interesados en contactar coa 'Asociación amigos de los perros' poden facelo no número de teléfono 679 307 272, ou ben a través da súa páxina web.

Compartir: