Inicio Carballo ao día Hemeroteca BNG e PSOE alcanzan un acordo para a...

GOBERNO

BNG e PSOE alcanzan un acordo para a gobernabilidade en Carballo

Martes 26 de xuño do 2007

José Antonio Viña pasará a ser o único Teniente de Alcalde e xestionará as áreas de Urbanismo e Medio Ambiente. Os socialistas tamén levarán o desenvolvemento de Facenda -con Contratación e Patrimonio-, Emprego e Participación Ciudadán. Promoción Económica pasará a mans do BNG. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e José Antonio Viña compareceron ante os medios de comunicación para dar as características dun acordo que, en opinión do rexedor local, fai cumprir "a vontade maioritaria expresada pola veciñanza nas urnas". José Antonio Viña calificou o acordo laborioso que garantirá "estabilidade e eficacia a Carballo". Os acordos alcanzados entre as dúas formacións serán asinados unha vez rematen as festas do San Xoán, datas nas que tamén se concretarán os nomes das persoas que se situarán ao frente de cada concellaría.

Compartir: