Inicio Carballo ao día Hemeroteca As Festas do San Xoán prolongaranse...

SAN XOÁN 2007

As Festas do San Xoán prolongaranse até o domingo logo dos días grandes

Martes 26 de xuño do 2007

Durante a mañán o Grupo de Gaitas Nemeth animou os barrios de Carballo cun novo pasarrúas e celebrouse a misa solemne en honra á Virxe do Carme e procesión, acompañada polo Grupo de Gaitas Fol de Veneno. O mércores, 27 de xuño, celebrarase o Día do Neno nas Barracas, con descontos nas atraccións, ademais da misa solemne en honra á Nosa Señora do Perpetuo Socorro a partir das 20,30 horas. O xoves 28 terá lugar no Pazo da Cultura, a partir das 19,00 horas, un espectáculo de variedades teatrais e musicais a cargo do Grupo de Teatro Nueva Vida do Centro Penitenciario de Teixeiro. O sábado 30 celebrarase, tamén no Pazo da Cultura, a XI Mostra de Habaneras San Xoán a partir das 21,00 horas. Ás 23,00 horas dará comezo, na Cervexaría Dublín, o Lembranza Rock. As festas rematarán o domingo 1 de xullo coa Festa do Bosque no bosque do Añón, que se prolongará durante toda a xornada cunha grande variedade de espectáculos.

Compartir: