Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os equipamentos culturais do Concello modifican...

CULTURA

Os equipamentos culturais do Concello modifican os seus horarios por mor do San Xoán

Xoves 21 de xuño do 2007

Ademais, a partir do 2 de xullo entrarán en funcionamento os horarios de verán de diferentes equipamentos culturais do Concello de Carballo. A Ludoteca Municipal abrirá de luns a venres de 11.00 h. a 13.30 h. e de 18.00 h. a 20.30 h. A Aula de Informática, ademais do horario habitual no que está aberta polos servizos de dinamización tecnolóxica e o Clube de Emprego da Muller, abrirá os mércores de 17.00 h. a 20.30 h. O Pazo da Cultura abrirá de luns a sábado de 17.00 h. a 21.00 h. O Museo de Bergantiños abrirá de martes a xoves en horario de 12.00 h. a 14.00 h. e de 18.00 h. a 21.00 h. Fará o propio os mércores e venres de 12.00 h. a 14.00 h. e de 18.00 h. a 20.00 h. Os sábados abrirá de 12.00 h. a 14.00 h. e os domingos de feira de 11.00 h. a 14.00 h. Por último, a Biblioteca abrirá de luns a venres de 08.30 h. a 14.00 h.

Compartir: