Inicio Carballo ao día Hemeroteca O IES Monte Neme recupera o ciclo medio de...

EDUCACIÓN CONCEDE A REIMPLANTACIÓN

O IES Monte Neme recupera o ciclo medio de Equipos Electrotécnicos de Consumo

Venres 15 de xuño do 2007

O comunicado enviado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, dando conta desta resolución, foi moi ben recibido polo goberno local, que avanza deste xeito na súa aposta pola profesionalidade dos seus cidadáns e no deseño de políticas educativas e de formación axeitadas ás necesidades de Carballo.

A reimplantación deste ciclo no IES Monte Neme, centro no que xa se impartira anteriormente, considerouse prioritaria en todo momento, xa que ademais de tratarse dun ciclo que presenta unha gran demanda laboral na zona vai ser o único centro da Costa da Morte que forme profesionais neste ámbito.

Todos os mozos e mozas interesados no ciclo de Equipos e Instalacións Electrotécnicas poden recibir información ao respecto no IES Monte Neme (981 701 159).

Compartir: