Inicio Carballo ao día Hemeroteca Alumnado de ASPABER continúa a limpeza do...

MEDIO AMBIENTE

Alumnado de ASPABER continúa a limpeza do litoral con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente

Mércores 6 de xuño do 2007

Ao igual que na xornada de onte, un grupo de monitores acompañou aos alumnos na súa xornada, que se completou até última hora da mañá coa retirada de lixo, plástico e algas na praia de Baldaio, Pedra do Sal e A Lagoa. As praias de Carballo presentan xa un moi bo aspecto para o seu disfrute por parte da veciñanza e moitos dos visitantes que, a bo seguro, recibirá durante a época estival. O Concello decidiu abrir a temporada de praias para o vindeiro sábado, adiantándose a moitos dos Concellos que optarán polo día 16 de xuño como comezo da mesma.

Compartir: