Escola Oficial de Idiomas
Curso 2021-2022

A Escola Oficial de Idiomas de Carballo mantén aberta a preinscrición, é dicir, a solicitude de praza para aqueles alumnos novos que desexen estudar alemán, francés e inglés. Ademais das aulas tradicionais no centro, a nosa escola oferta a formación semipresencial nos cursos C1.1 e C1.2 de francés e B2.1 de inglés. As clases cobren diferentes aspectos da aprendizaxe de linguas nun ambiente de interacción e participación, tanto nas aulas coma de xeito virtual na nova modalidade aludida.
O prazo remata o día 14 de setembro e o proceso deberá ser en liña, na ligazón inferior que aparece máis abaixo
A Escola Oficial de Idiomas de Carballo conta novamente cun protocolo especial de adaptación á situación xerada pola Covid-19: aforos reducidos, obrigatoriedade de máscara e distancia de seguridade, medidas efectivas tomadas o curso pasado, pois evitaron os contaxios dentro do centro.O perfil do alumnado é variado: xente moza que precisa titulación para acceder á universidade, xente maior que decide iniciar ou continuar estudos cando conta con mais tempo libre, persoas que buscan mellorar currículo para a procura de emprego, e tamén alumnos que atopan na aprendizaxe de linguas unha vía de interacción social e enriquecemento cultural. Ofértanse cursos en horario de mañá e tarde para facilitar o acceso ás aulas ás persoas con ocupacións laborais e persoais en diferentes quendas.
Dende o curso 2004-2005
A Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Carballo é unha sección da Escola Oficial de Idiomas da Coruña, ten as súas instalacións no Pazo da Cultura e comezou a súa actividade no ano académico 2004-2005 co primeiro curso de inglés e coa vontade de ir incorporando novos niveis e idiomas. Nestes momentos, impártense os seguintes idiomas e niveis:
- Inglés: de A1 a C2
- Francés: de A1 a C1
- Alemán: de A1 a B1
Pazo da Cultura. Rúa do Pan, s/n
15100 - Carballo
Teléfono 604088010