Inicio Carballo ao día Axenda "Un lugar chamado mundo", para vivir...

"Un lugar chamado mundo", para vivir Novembro con Música en familia

Domingo 26 de novembro do 2017 18 horas - Pazo da Cultura Cultura

Un lugar chamado mundo é a proposta, a medio camiño entre unha obra de teatro e un concerto didáctico teatralizado, que traerá este domingo a Carballo o grupo Verdeveras para que tamén poidamos gozar de Novembro con Música en familia. Trátase dun espectáculo no que se pon en valor a regueifa, estimúlase o coñecemento doutras culturas facendo unha inmersión cultural noutros pobos a través de cancións, bailes, monicreques e sombras chinesas, e ademais ponse de manifesto a necesidade de coidar e respectar o planeta e aos seus habitantes.

Sinopse: Unha das mellores regueifeiras da comarca queda de súpeto sen palabras. Por consello do seu avó emprende unha viaxe polo mundo en busca de novas historias que merezan ser cantadas e contadas... Nicolai, aviador xubilado, será o seu compañeiro nesta viaxe que a levará de Galicia a Italia, China, Cuba e Senegal. A visita aos distintos continentes permitiralle achegarse a novos cheiros e sabores, a historias, músicas e danzas diversas; pero sobre todo a recoñecer o enriquecedoras que poden ser as diferenzas entre as persoas e o moito que no esencial nos parecemos. Esta inmersión na cultura doutros pobos axudaraa a crecer revalorizando a súa propia raíz, e a reflexionar sobre a necesidade de coidar este lugar chamado mundo que nos acubilla.

+info: http://www.verdeveras.blogspot.com/

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
31