Inicio Carballo ao día Axenda Actos conmemorativos do 25 de novembro

Actos conmemorativos do 25 de novembro

Venres 24 de novembro do 2017 09.30 e 12.00 horas - IES Alfredo Brañas e Praza do Concello

A Concellaría de Igualdade e Benestar e o Centro de Información á Muller (CIM) continúan coas actividades de sensibilización social arredor do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra Mulleres e Nenas.

Para hoxe están previstas dúas iniciativas. Ás 09.30 horas comezará no IES Alfredo Brañas unha mesa redonda titulada "Violencia e adolescentes", na que participarán o CIM, a Garda Civil, vítimas de violencia e alumnado do centro. 

Ás 12 horas, na Praza do Concello terá lugar unha concentración aberta a toda a cidadanía e procederase á lectura da Declaración Institucional do 25 de Novembro aprobada pola corporación municipal.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4