Inicio Carballo ao día Axenda Berocasión saca ás rúas de...

Berocasión saca ás rúas de Carballo 300 vehículos de segunda man

Do sábado 26 de agosto ata o domingo 27 de agosto do 2017 10 a 21 horas - Zona Rego da Balsa

Esta fin de semana celébrase unha nova edición de Berocasión, a feira do sector do automóbil de segunda man referente en Galicia. Participan Automóbiles Dimolk, M. Caeiro Renault, Talleres J. Lema, Miguel Auto, Rebalcars, Automóbiles Vilas Rama e Grupo Breogán-Toyota, sete empresas que porán á venda entre 290 e 300 vehículos na contorna do parque do Rego da Balsa.

Ademais dunha ampla oferta de vehículos, en Berocasión haberá vantaxes engadidas: descontos de 500 a 1.500 euros nos prezos e condicións especiais tanto en financiación como en seguros.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4