Inicio Carballo ao día Axenda Os directores dos centros de formación da...

Os directores dos centros de formación da provincia celebran unha xuntanza de traballo no Fórum Carballo

Mércores 20 de abril do 2016 9.30h. - Fórum Carballo

Fórum Carballo

Os directores de oito centros de formación da provincia da Coruña celebran o mércores 20 de abril unha reunión de traballo nas instalacións do Fórum Carballo. Os obxectivos da xuntanza son analizar as últimas convocatorias da Xunta de Galicia, unificar criterios á hora de programar as accións formativas e preparar un próximo encontro con representantes da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Está previsto que a cita comece a partir das 09.30 horas.

Na reunión participarán os responsables dos centros de formación de Arteixo, Betanzos, Cambre, A Coruña, Culleredo, Ferrol, Oleiros  e tamén do de Carballo como anfitrións da cita.

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D