Inicio Carballo ao día Axenda O Día da Bicicleta acada a súa...

O Día da Bicicleta acada a súa 24ª edición

Domingo 4 de xuño do 2017 11 horas - Praza do Concello Deporte

O Concello de Carballo organiza, xunto con La Voz de Galicia e Radio Voz, o Día da Bicicleta, que acada a súa 24ª edición reivindicando máis seguridade nas estradas e un maior respecto dos condutores cara os ciclistas. A ruta cicloturística terá a súa saída e chegada na Praza do Concello, onde poderán inscribirse dende as 10.30 todas as persoas que o desexen (poden facelo previamente nas sedes dos organizadores), sen límite de idade, xa que se trata dun percorrido asequible para todo o mundo. Os participantes deberán levar casco e atender as indicacións do equipo de seguridade que acompará ao pelotón.

O percorrido é o seguinte: Praza do Concello, Vila de Negreira, O Fondal, Ponte de Bértoa, Olmos, Berdillo, Praza de Galicia, Ponte, Perú, Centro Comercial Bergantiños, avenida de Razo, Carré Aldao, Pedra Furada, Mirtos, Buxos, Poñente, Valle Inclán e Praza do Concello. 

Colaboran Pedalea Ben e EvoBici, e patrocinan Aislamientos San Juan e Centro Comercial Bergantiños Gadis. É fundamental tamén a achega de Policía Local, Protección Civil e Club Ciclista Carballo, co que, así mesmo, colaboran o CC Monteneme e AD Media Ducia.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4