Inicio Carballo ao día Axenda A Escola Basket Xiria celebra o 5º...

A Escola Basket Xiria celebra o 5º Día do Pequebasket

Mércores 17 de maio do 2017 10 a 18 horas - Pavillón Carballo Calero Deporte

O 17 de maio Carballo será, por quinto ano consecutivo, capital galega do baloncesto para os máis cativos. 650 xogadores de entre 5 e 8 anos e 55 equipos de toda a comunidade citaranse na zona do Pavillón Carballo Calero para gozar do V Pequebasket, unha data subliñada no calendario de clubs de Viveiro, Ourense, Lugo, As Pontes, A Coruña, Santiago, Ferrol, Porto do Son, Sarria, Teo, Vigo, Culleredo, Ponteceso, Cee, A Laracha e, claro está, a nosa localidade. A organización quedou, coma sempre, nas mans da Escola Basket Xiria, que conta coa colaboración do Concello, a Deputación Provincial da Coruña e a Federación Galega de Baloncesto.

Durante toda a xornada, nenas e nenos poderán gozar do baloncesto, pero tamén de moitas outras actividades ao aire libre, espectáculos, inchables... nunha xornada de deporte, diversión e convivencia aberta a todas as familias que desexen pasar un día inesquecible.

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
31