Inicio Carballo ao día Axenda "O mundo de Carliños",...

"O mundo de Carliños", contacontos infantil de Luís Vallecillo

Martes 16 de maio do 2017 18.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Lingua

Antes de ser escritor, Carlos Casares foi neno e xa entón soñaba con máxicos personaxes que facían voar a súa imaxinación: unha galiña azul, as laranxas máis laranxas de todas as laranxas ou un can chamado Rin... Descubre "O mundo de Carliños" no contacontos musical de Luís Vallecillo.

Participación: máximo 60 nenos/as de 3-8 anos, acompañados/as dunha persoa adulta. É necesario recoller convite, de balde, na Biblioteca Rego da Balsa.

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
31