Inicio Carballo ao día Axenda Coñece o teu Concello...

Coñece o teu Concello...

Sábado 16 de abril do 2016 Saída da Praza do Concello - 16.30h Deporte

O Club Ciclista Carballo e o Concello convidan aos veciños e veciñas a coñecer mellor o municipio a través de rutas en bicicleta por lugares de interese patrimonial, natural e paisaxístico a través de Coñece o teu Concello. A última ruta do programa discorre en parte por unha ruta de sendeirismo. Sáese da Praza do Concello cara ao Bosque do Añón, circulando en paralelo ao Anllóns ata a Rúa Ameneiros, cruzando cara a Brea e baixando ata Aspaber. Continúase a través da ruta das Férvedas ata o cruce que leva cara a Vivente. Alí continúase de frente, abandonando a Ruta cara a Barreiro, seguendo logo pola pista que pasa por diante da igrexa parroquial de Ardaña e que leva cara Quintáns. Crúzase dito núcleo e tras varios quilómetros enlázase novamente coa Ruta de sendeirismo, que continúa ata Nogareda. Dende alí a ruta transcorre cara a igrexa de Rus, para logo continuar por estrada ata a Férveda de Rus. O regreso realízase polas mesmas pistas do camiño de ida.

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D