Contacontos "Viaxe a África" con TrinkeTrinke
Mércores 23 de novembro do 2016 Biblioteca Rego da Balsa - 17.00 e 18.30 h. Lingua
TrinkeTrinke
A Biblioteca Rego da Balsa acolle o contacontos teatral "Viaxe a África". Lilí Gruyére acaba de chegar dunha viaxe por África e achégase a Carballo para contarnos e cantarnos xeitos de vida, contos e cancións deste continente. A cita está incluída dentro do proxecto Apego e terá lugar en dúas sesións ás 17.00 e ás 18.30 horas.
PARTICIPACIÓN: máximo 60 nenos/as de 3-8 anos en cada unha das sesións, acompañados/as dunha persoa adulta. É necesario recoller convite, de balde, na Biblioteca Rego da Balsa desde o 16 de novembro (horario de 10.30 a 20.30 horas).