Inicio Carballo ao día Axenda VI Carreira 10K Carballo

VI Carreira 10K Carballo

Domingo 19 de xuño do 2016 Saída Praza do Concello - 10.00 h. Deporte

As rúas de Carballo acollen a sexta edición da carreira 10K Carballo, proba oficial da Federación Galega de Atletismo con distancia homologada. A proba contará con récord de participación, xa que arredor de 1900 corredores e corredoras tomarán a saída tanto na competición 10K como nas categorías inferiores, dende biberón até xuvenil.

O récord do circuito estableceuno en 2015 Abdelaziz Fatihi, do Club Atletismo Sada en 32 minutos e 48 segundos. A vencedora feminina de 2015 foi a deportista carballesa Vanessa Lafuente, cun tempo de 40 minutos e 6 segundos. 

Máis info en <www.championchipnorte.com>.

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
31