Monicreques con Trompicallo: O día que chegou unha nube e choveu
Xoves 10 de novembro do 2016 Pazo da Cultura - 17.00 e 18.30 h. (dúas sesións) Lingua
Monicreques Trompicallo
O proxecto Apego ofrece para nenos e nenas teatro para gozar cos cinco sentidos, teatro para quen descobre as cousas por primeira vez e pon o corazón en todo canto fai. Para quen está no principio da vida é este espectáculo sobre a orixe dela: a auga.
Participación: máximo de 30 nenos e nenas de 1 a 4 anos en cada sesión, acompañados de persoa adulta. Inscrición no Servizo de Normalización Lingüística ou no enderezo electrónico <nelvidal@carballo.org> a partir do 31 de outubro.
Haberá dúas sesións: unha ás 17.00 e outra ás 18.30 horas, no Pazo da Cultura.