Inicio Carballo ao día Axenda II Carreira Popular "De dous en dous"

II Carreira Popular "De dous en dous"

Sábado 9 de abril do 2016 19:00h Deporte

II Carreira Popular

O Club Atletismo Carballo, en colaboración co Concello de Carballo  organiza a IIª Carreira Popular por parellas “DE DOUS EN DOUS” que se celebrará o vindeiro 9 de Abril do 2016. Esta proba, terá un carácter solidario á favor dos máis desfavorecidos e será nocturna. Proba oficial da F.G.A.

CIRCUÍTO: 
Terá unha distancia aproximada de 5.000 m. non homologada nun circuito urbano de 1.000 m. A saída de tódalas probas estará na rúa Gran Vía á altura da rúa Álvarez de Sotomayor.

INSCRIPCIÓNS: 
Cerraranse o mércores 6 de abril ás 23:59h e haberá un tope de 300 parellas. 3º.- Serán gratuitas para todas as categorías, coa opción “non obrigatoria e solidaria” de entregar un litro uo Kilo de comida non perecedeira ou productos de hixiene infantil ó recoller o dorsal en beneficio de Cruz Roja e Cáritas.

DORSAIS: 
A recollida de dorsais farase no primeiro andar do Mercado Municipal de abastos da praza do Concello de Carballo a partir das 16:00 h. do día da carreira.

PREMIOS:

  • Categoría Pitufo: terán medalla tódolos participantes.
  • Categoría Benxamín feminino e masculino: trofeos para os tres primeiros/as  corredores/as e medallas para tódolos participantes.
  • Categoría Alevín feminino e masculino: trofeos para os tres primeiros/as  corredores/as e medallas para tódolos participantes.
  • Categoría Infantil feminino e masculino: trofeos para os tres primeiros/as  corredores/as e medallas para tódolos participantes.
  • Categoría Cadete feminino e masculino: trofeos para os tres primeiros/as  corredores/as.
Por parellas:
  • Trofeos para os tres primeiros equipos masculinos.
  • Trofeos para os tres primeiros equipos femininos.
  • Trofeos para os tres primeiros equipos mixtos.
  • Trofeos para os tres primeiros equipos masculinos, femininos ou mixtos que superen os 100 anos entre os dous.

Ligazóns

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D