Inicio Carballo ao día Axenda A compañía Manolo Alcántara...

A compañía Manolo Alcántara presenta "Rudo"

Venres 30 de setembro do 2016 Mercado Municipal - 21.00 h. Cultura

Rudo

Un momento de "Rudo"

Un home Rudo crea torres e todo tipo de figuras con pesadas caixas de madeira. As construcións combinan a rudeza dos materiais coa fraxilidade da estrutura e o protagonista, nun esforzo titánico, móvese en precario e delicado equilibrio. Gruñe, súa e non decae no seu delirio. Un arriscado e tenro espectáculo de circo, co lirismo da música en directo, que representa o desexo humano, a ilusión para conseguir imposibles e os retos persoais levados ao xogo do absurdo.

A compañía de Manolo Alcántara foi a gañadora do Premio do Público do FIOT 2011 con outro precioso espectáculo de circo, Plecs, que nos atrapou nunha atmosfera máxica. O novo traballo deste artista e investigador circense, con grande acollida en España e no estranxeiro, transmitiranos tamén un circo persoal e singular, co que experimentaremos o risco.

No 1º andar do Mercado Municipal a partir das 21.00 horas. Entrada libre.

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D