Inicio Carballo ao día Axenda Noites de cine en Entrecruces: Del revés

Noites de cine en Entrecruces: Del revés

Xoves 18 de agosto do 2016 Entrecruces - 22.00 h. Cultura

Del revés

As Noites de cine visitan Entrecruces o coa proxección da película Del Revés. Riley é unha moza que goza ou padece toda clase de sentimentos. Aínda que a súa vida estivo marcada pola Alegría, tamén se ve afectada por outro tipo de emocións. O que Riley non entende moi ben é por que motivo ten que existir a Tristeza na súa vida. Unha serie de acontecementos fan que Alegría e Tristeza se mesturen nunha perigosa aventura que dará un envorco ao mundo de Riley. A película está recomendada para todos os públicos e conta cunha duración aproximada de 94 minutos.

A cita, a partir das 22.00 horas, conta coa colaboración da AC Fontesalgueira.

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
31