Inicio Carballo ao día Axenda A música de Sés invade a Praza do...

A música de Sés invade a Praza do Concello

Venres 19 de agosto do 2016 Praza do Concello - 22.00 h. Cultura

Sés

Sés

Sés, rockeira e cantareira, sentimental e enérxica, son os ingredientes dunha fórmula que consegue un resultado orixinal e xenuino: rock’n’roll e tradición oral galega, que segue a medrar coa súa enerxía ilimitada, actitude punk espectacular e unha potencia escénica impoñente. Tronzar os valos é o terceiro disco da cantora bergantiñá, doce cancións nas que te adentras no universo Sés, que significa a suma da potencia do rock, o ritmo e a mensaxe da canción latinoamericana, a tradición que leva na pel e a súa intensa condición de cantora que impregna a maneira directa de achegarse ao público.

A cita, coa colaboración da Deputación da Coruña, a partir das 22.00 horas na Praza do Concello.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4