Inicio Carballo ao día Axenda Ghazafelhos presenta "As mil e unha...

Ghazafelhos presenta "As mil e unha noites" no Veran Cultural

Venres 19 de agosto do 2016 Xardín Municipal - 20.00 h. Cultura

Ghazafelhos

Teatro Ghazafelhos

Tres xenios do afastado oriente, subidos en zancos, veñen a contar a historia de Sherezade e de como o seu enxeño logrou cautivar a un dos Sultáns máis despiadados de toda Persia. Todo transcorre nun ambiente máxico no que non faltará a improvisación propia de Ghazafelhos. As mil e unha noites chegan ao verán cultural nun espectáculo para público infantil e familiar cheo de diversión.

A cita, a partir das 20.00 horas no Xardín Municipal, conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4