Inicio Carballo ao día Axenda Proxección da película documental...

Proxección da película documental "Frankenstein-04155" sobre o accidente do Alvia en Angrois

Mércores 27 de xullo do 2016 Casino de Carballo - 20.30 h. Cultura

Frankenstein-04155

O 24 de xullo de 2013 o tren Alvia 04155 descarrilaba á entrada de Santiago de Compostela cun saldo de 81 falecidos e máis de 140 feridos. A verdade oficial sinala como único responsable ao maquinista. Pero unha traxedia nunca ten unha soa causa... Que hai detrás do accidente ferroviario máis grave da democracia? Cales son as causas e quen tomaron as decisións que contribuíron de maneira decisiva á catástrofe? 

A película documental Frankenstein-04155 tenta ofrecer as respostas a estas preguntas baixo a ollada do realizador Aitor Rei. Financiado a través de crowdfunding e coa colaboración da Plataforma de Vítimas do Alvia 04155, Rei trata de verter luz sobre o caso coa documentación propia de Renfe e Adif e coas declaracións de técnicos, ex directivos e persoal das empresas públicas.

A cita, no Casino de Carballo a partir das 20.30 horas.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4