Inicio Carballo ao día Axenda Xurxo Souto presenta o seu libro "Somos un...

Xurxo Souto presenta o seu libro "Somos un pobo de artistas"

Mércores 28 de febreiro do 2024 20.30 horas - Museo de Bergantiños Lingua

O 28 de febreiro recibimos no Museo de Bergantiños ao escritor, músico, profesor e dinamizador cultural Xurxo Souto, que nos presentará o seu libro Somos un pobo de artistas: O método Luísa Villalta", no que homenaxea á autora homenaxeada no Día das Letras Galegas deste ano.

Entrada libre e de balde ata completar capacidade.
Organiza Concellaría de Bibliotecas.

SINOPSE DO LIBRO

En 1999 Luísa Villalta publicou O outro lado da música, a poesía, libro-referente, no que puxo en valor a mutua atracción que senten entre si a música e a literatura. Seguindo o seu método, penetramos na selva vizosa da música galega contemporánea para procurar esa unidade primixenia.

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D