Inicio Carballo ao día Axenda Carballo acolle a última proba do...

Carballo acolle a última proba do campionato galego de autocross

Sábado 11 de novembro do 2023 A partir das 10.00 h - Circuíto municipal do motor Deporte

O circuíto municipal do motor acolle o 17º Autocross Carballo, a última proba do campionato galego, que reunirá aos mellores pilotos do país. Os adestramentos comezarán ás 10.00 horas, coas semifinais programadas para as 15.00 horas e as finais, para as 17.00 horas.

A penúltima proba celebrouse en Rianxo, onde se coroou o Peugeot 106 de Martín Castro, que se impuxo a Javier Lea e Manuel Felipez na clase I, mentres que na clase II para vehículos de máis de 1.600 centímetros cúbicos a sorte caeu ao lado de Daniel Castro, seguido de Iván Fernández e Antonio López. Pola outra banda, na clase II para vehículos carcross foi Sergio Suárez o que ocupou o máis alto do pódium, xunto con Rubén Barreiro e Alejandro Bermúdez, que tivo que conformarse co bronce.

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D